Samsung presenta un novo móbil con proxección de vídeo

mércores, 14 de abril do 2010 Marcus Fernández

Samsung introduciu no mercado coreano o AMOLED Beam (SPH-W9600), sucesor do Samsung Haptic Beam, e que é un teléfono móbil que integra un proxector, que goza agora dunha tecnoloxía máis avanzada para a proxección de imaxes.
O Samsung AMOLED Beam pode proxectar xogos, vídeos e imaxes, o que agradecerán os usuarios profesionais para desenvolver presentacións onde sexa preciso, podendo crear unha imaxe de ata 50 polgadas cun brillo 1,5 veces superior ao seu modelo anterior.
O terminal incorpora soporte de ficheiros de Microsoft Office e vídeo en DivX, conta cunha pantalla de 3,3 polgadas, cámara de 5 Mpíxeles e receptor de televisión dixital (DMB).

PUBLICIDADE