Samsung presenta un novo smartphone 5G con prezo axustado
venres, 4 de xuño do 2021
Samsung
continúa a ampliar o seu catálogo de móbiles con prezos contidos e
conectividade 5G, e asà temos ao novo Samsung
Galaxy A22 5G, que chegará ao mercado con 64 GB de capacidade de
almacenamento por 229 euros e con 128 GB de capacidade por 249 euros.
Este novo teléfono con pantalla Full HD+ de 6,6 polgadas de diagonal e refresco
de 90 Hz, ten unha cámara traseira tripla cun sensor principal de 48 MpÃxeles,
unha cámara frontal de 8 MpÃxeles, 4 GB de RAM, procesador de 8 núcleos, lector
de impresións dixitais lateral e unha xenerosa baterÃa de 5.000 mAh con carga
rápida de 15 watts.
Temos aquà un móbil que busca gañarse aos consumidores pola súa pantalla e a
conectividade 5G a un prezo axustado.