Samsung presenta un novo smartphone con tapa
venres, 23 de xuño do 2017
O LG
Wine Smart demostrou unha vez máis que continúa a haber demanda de teléfonos
con tapa, e Samsung
tamén quixo entrar neste segmento, para o que prepara un novo terminal
telefónico, o Samsung
Galaxy Folder 2, que busca que os usuarios que gustan dos teléfonos con
formato de cuncha poidan tamén gozar das funcionalidades dos smartphones, como
poder levar WhatsApp no móbil.
Este teléfono cunha aparencia que poderiamos considerar retro presenta unha pantalla de 3,8 polgadas e venderase en dúas
cores (negra e borgoña) no mercado surcoreano (do que non sabemos se sairá nos
vindeiros meses). Conta con procesador de catro núcleos a 1,4 GHz, 2 GB de RAM,
soporte para tarxetas microSD de até 256 GB, batería de 1.950 mAh e Android 6.0.
Terá versión 4G e 3G, e o seu prezo será de 297.000 wons (234 euros), o que
pode parecer un prezo moi elevado para un smartphone tan básico, que claramente
quere aproveitar a pouca oferta de smartphones co mesmo formato.