Samsung presenta un par de cámaras con pantalla frontal

xoves, 13 de agosto do 2009 Marcus Fernández

Samsung presentou a ampliación do seu catálogo de cámaras dixitais, entre as que destacan a ST550 e a ST500 por incorporar non só unha pantalla táctil LCD de 3,5 polgadas e 3 polgadas respectivamente, senón tamén unha pantalla frontal de 1,5 polgadas, o que facilitaría a realización de auto-retratos ou simplemente permitiría que as persoas fotografadas poidan saber se están a ser enfocadas. Tamén é posible amosar nesta pequena pantalla imaxes divertidas para captar a atención dos cativos e así poder retratalos convenientemente.
Estas novas cámaras teñen un sensor de 12,2 Mpíxeles, zoom de 4,6x e capacidade de gravación de vídeo a 720p. Estes modelos tamén responderán ás referencias TL220 e TL225, e estarán á venda en setembro a uns 349,95 e 299,95 dólares respectivamente.

PUBLICIDADE