Samsung presenta un televisor que pode xirarse 90 graos
luns, 29 de abril do 2019
Dende Samsung levan un tempo promovendo formatos innovadores
para os televisores de consumo, de xeito que na súa familia de televisores QLED
4K/8K podiamos ver o The Frame, que
simula ser un cadro pendurado na parede, e a liña Serif lifestyle, que incorpora patas e conta cun deseño bastante
sorprendente, obra dos irmáns Ronan e Erwan Bouroullec (dous dos deseñadores
industriais máis afamados do mundo, e especializados en mobiliario).
Pero agora móvense cara a un produto aÃnda máis revolucionario, co novo
televisor The Sero, que cun panel
QLED de 43 polgadas sorprende por estar integrado nun soporte que facilita o
xiro da pantalla en 90 graos, de xeito que poderÃa resultar cómodo para o goce
de contidos de Instagram e outros formatos de vÃdeo deseñados para dispositivos
móbiles.
En horizontal The Sero é un televisor
normal é corrente, con son 4.1, altofalantes de 60 watts, control mediante
Bixby e resolución 4K, resultando toda unha incógnita se o seu uso en vertical
terá o suficiente pulo como para xustificar os 1,9 millóns de wons (1.465,49
euros) que custará o trebello cando chegue ás tendas coreanas a finais de maio.
- Entre os televisores máis artÃsticos de Samsung sorprende o concepto rotatorio de The Sero por ser unha capacidade que normalmente está limitada a monitores de uso profesional.