Samsung presenta unha cámara con Android e obxectivos intercambiables

xoves, 20 de xuño do 2013 Marcus Fernández

Innovando no mundo da fotografía dixital, Samsung presentou hoxe a nova cámara GALAXY NX, que é a primeira con obxectivos intercambiables en incorporar conectividade Wi-Fi e 3G/LTE, á vez que funciona con Android 4.2.2, polo que convértese nun dispositivo sumamente versátil e completo para fotógrafos que queiran compartir as súas instantáneas co mundo gozando á vez coa calidade que achega un sensor APS-C de 20,3 Mpíxeles, capaz de captar boas imaxes incluso con pouca luz. Para non perder ningún momento a GALAXY NX conta cun sistema de enfoque automático híbrido que facilita a toma de fotografías nítidas incluso de momentos con moita acción grazas á súa velocidade de obturación de 1/6.000 de segundo e a posibilidade de poder disparar 8,6 imaxes por segundo.
A nova cámara conta cunha selección de obxectivos intercambiables, que van dende lentes de ollo de pez ata obxectivos compactos, podendo incluso empregarse a cámara para disparar imaxes e películas en 3D valéndose dun obxectivo especial de Samsung.
O sistema operativo Android facilita utilizar a propia cámara para poder tomar boas imaxes empregando máis de 30 modos de disparo intelixentes e incluso aproveitando aplicacións que facilitan a edición de fotografías e vídeos.

A cámara Samsung GALAXY NX pode equiparse con obxectivos intercambiables

PUBLICIDADE