Samsung presenta unha nova solución para a Internet das Cousas
xoves, 23 de agosto do 2018
Aínda que os procesadores Exynos de Samsung sexan coñecidos
pola súa presenza en smartphones, tamén hai modelos dirixidos a outros ámbitos,
como o novo
Exynos i S111, que é un produto orientado á Internet das Cousas, xa que
esta solución está optimizada para un baixo consumo, unha ampla cobertura, un
posicionamento preciso e grande seguridade, de xeito que podería integrarse en
dispositivos wearables ou incluso en sensores
conectados. Esta solución de Samsung integra modem, procesador, memoria e
Global Navigation Satellite System (GNSS) nun único chip, o que supón unha
grande vantaxe para os fabricantes que integren esta tecnoloxía.
Dende Samsung aseguran que esta solución podería empregarse para transmitir
datos de xeito continuo a unha distancia de até 10 qilómetros, o seu modem LTE
soportaría velocidades de até 128 Kbps de baixada e 158 Kbps de subida e, para
usos máis estáticos, podería manterse durmido até máis de 10 anos.