Samsung presenta unha pantalla LED FullHD de alto rendemento

luns, 6 de xullo do 2009 Marcus Fernández

O fabricante surcoreano Samsung vén de anunciar o seu monitor XL2370, que preséntase como a pantalla de maior rendemento en incorporar retroiluminación LED, o que tamén permite a súa redución de grosor e reduce o seu consumo (ata un 40% con respecto a outra pantalla de características semellantes).
O Samsung XL2370 ten unha resolución é un monitor de 23 polgadas con tecnoloxía Touch of Color, unha resolución de 1.920 x 1.080 píxeles, unha velocidade de resposta de 2 milisegundos e unha relación de contraste dinámico de 5.000.000:1.
Esta tecnoloxía non permite só un monitor elegante e de baixo consumo, senón que tamén goza de cores moi vivos e imaxes en movemento sen rastros (o que agradecerás os que o utilicen para ver películas en alta definición ou para o seu uso con videoxogos) e porase á venda este mes en Corea e en agosto en Europa.

PUBLICIDADE