Samsung renova a súa pulseira deportiva incorporándolle GPS e ampliando a súa pantalla
venres, 3 de xuño do 2016
AÃnda que os auriculares
Gear IconX sexan o produto máis destacado dos presentados por Samsung nas
últimas horas, a súa aposta polos accesorios de fitness non queda aÃ, e tamén renovaron a súa popular pulseira de
actividade, de xeito que a partires do vindeiro dÃa 10 estará dispoñible no
mercado a Gear Fit2,
pulseira que entre as súas funcións incorpora o seguimento mediante GPS, co que
pretenden que os usuarios non teñan que cargar co seu smartphone durante os
adestramentos para asà poder rexistrar a súa ruta, distancia e velocidade en
tempo real.
A Gear Fit2 é unha pulseira cun deseño fino e ergonómico, cómodo para un uso
cotián; destaca pola súa pantalla táctil curva Super AMOLED que facilita o
acceso aos datos de actividade fÃsica rexistrados e que incluso permite responder
ás mensaxes recibidas nun smartphone ligado á pulseira; ao integrar GPS e
monitor cardÃaco ofrece completos datos para facer un seguimento da nosa
actividade fÃsica e estilo de vida; integra un sistema para detectar a nosa
actividade fÃsica actual (de xeito que se activa o rexistro da actividade
deportiva cando corramos, camiñemos, vaiamos en bicicleta ou incluso
empreguemos unha máquina de remo ou unha elÃptica; pode sincronizar os datos
recollidos con S Health; e completa as súas funcións podendo operar como
reprodutor musical autónomo.
Concretando as especificacións, a Gear Fit2 ten unha pantalla Super AMOLED
curva de 1,5 polgadas cunha resolución de 216 x 432 pÃxeles, procesador de
dobre núcleo a 1 GHz, 512 MB de RAM, 4 GB de almacenamento interno, GPS,
acelerómetro, xiroscopio, monitor cardÃaco, Bluetooth 4.2, baterÃa de 200 mAh e
un peso moi contido (28 gramos no modelo pequeno e 30 gramos no modelo grande).
O accesorio resistente á auga (IP68) funciona co sistema operativo Tizen e é
compatible con smartphones con Android 4.4 ou superior cun mÃnimo de 1,5 GB de
RAM.
Estamos ante unha interesante renovación dun produto que no seu dÃa foi moi ben
recibido, sendo considerado por moitos como unha magnÃfica alternativa aos
smartwatches, que afastándose dos reloxos conseguÃa unha maior ergonomÃa,
adaptándose moi ben ao uso diario dos que queren non perder ningunha
notificación do seu móbil.
- A pulseira adáptase automaticamente á actividade deportiva que esteamos a practicar
VÃdeo de presentación da pulseira Gear Fit2