Samsung renova os seus dispositivos con Android
luns, 14 de febreiro do 2011
Samsung leva meses
á cabeza dos produtos co sistema operativo Android co seu tablet Samsung Galaxy
Tab e o seu móbil Samsung Galaxy S, pero ambos produtos estaban a comezar a
quedar atrás por mor da chegada do Motorola XOOM e o Nexus S entre outros
produtos, polo que estaban chamados á súa renovación, confirmada
en Barcelona co Samsung Galaxy Tab 1.0 e o Samsung Galaxy S II.
O Samsung
Galaxy Tab 10.1 é a adaptación do fabricante surcoreano ao novo sistema
operativo Android 3.0 (do que o seu anterior tablet queda descolgado), para o que integra un procesador nVIDIA Tegra 2 de
dobre núcleo a 1 GHz, dúas cámaras de 8 e 2 Mpíxeles respectivamente (capaces
de gravar vídeo a 1.080p a 30 cadros por segundo), conta con 16/32 Gb de
almacenamento interno, pantalla de 10,1 polgadas cunha resolución de 1.280 x
800 píxeles, altofalantes estéreo envolventes, xiroscopio, acelerómetro, compás
dixital, Wi-Fi N, Bluetooth 2.1, conectividade HSPA+ de ata 21 Mbps e unha
batería de 6.860 mAh. Consegue conter o seu grosor en 10,9 milímetros e o seu
peso en 599 gramos, Podería
comezar a distribuírse en primavera en Europa por parte de Vodafone, aínda
que algunhas fontes apuntan a que posiblemente non se venda ata o verán.
- O Samsung Galaxy S II pode gravar vídeo a 1.080p
A este interesante competidor do Motorola XOOM acompáñao nos expositores de
Samsung no Mobile World Congress o novo Samsung
Galaxy S II, que mantense fiel ao seu predecesor, a chegar coma un terminal
de grande potencia (funciona cun procesador de dobre núcleo Qualcomm Snapdragon
8260 SoC a 1,2 GHz) nun grosor e peso moi reducidos (queda en 8,49 milímetros e
116 gramos).
O Samsung Galaxy S II tamén ten unha batería de maior capacidade (1.650 mAh),
pantalla capacitiva super AMOLED Plus de 4,3 polgadas cunha resolución de 800 x
480 píxeles, cámara de 8 Mpíxeles con flash LED e gravación de vídeo a 1.80p.
Tamén goza dunha memoria RAM moi xenerosa (1 Gb), sistema operativo Android 2.3
con interface TouchWiz 4.0, 16/32 Gb de almacenamento ampliable mediante
tarxetas microSD e saída de vídeo mini-HDMI. Tamén é compatible coa tecnoloxía
AllShare, de xeito que as fotografías, os vídeos e a música do móbil podería
compartirse con distintos dispositivos coma os últimos televisores de Samsung.
Na liña do Nexus S, o Samsung Galaxy S II conta con funcións NFC (de xeito que
o móbil poderá empregarse para realizar pagamentos electrónicos, entre outras
moitas utilidades que iremos vendo nos vindeiros meses), Wi-Fi N, Bluetooth
3.0, A-GPS, conectividade HSDPA+ e microUSB (para a carga e a sincronización de
datos). Agárdase
que chegue a España en exclusiva con Vodafone, posiblemente no mes de
marzo.
- O Samsung Galaxy S II segue os pasos do Nexus S incorporando tecnoloxía NFC que servirá para a realización de pagamentos electrónicos
- O Galaxy S II é compatible con AllShare