Samsung trae a España un novo robot de limpeza doméstica

mércores, 14 de abril do 2010 Marcus Fernández

O uso doméstico da robótica ten coma claro expoñente á aspiradora robotizada que leva por nome Roomba, pero Samsung vén de lanzar un interesante competidor para este robot de limpeza, o NaviBot, que promete ser máis avanzado que o resto por poder moverse polo domicilio sen un límite de distancia con respecto da súa base e incorporar unha cámara integrada na súa parte superior que captura 30 imaxes por segundo, o que serve, xunto cos seus sensores frontais para identificar obstáculos, para facer un mapa de cada estancia e establecer unha ruta de limpeza eficiente.
As aspiradoras Samsung NaviBot chegarán a España o mes que vén a un prezo de entre 450 e 550 euros.

PUBLICIDADE