Samsung venderá en primavera un televisor coa aparencia dun cadro

mércores, 15 de marzo do 2017 Marcus Fernández

Para revolucionar o estilo dos salóns domésticos dende Samsung propoñen facer invisibles os seus televisores, para o que presentan The Frame, un televisor cun deseño premium que esteticamente presenta a aparencia dun cadro pendurado na parede e, de feito, cando se coloca en modo arte permite que a pantalla presente mostras de arte (dun catálogo de máis de 100 obras en 10 categorías distintas) de xeito que podemos facer que este orixinal televisor case coa estética do fogar e poida pasar desapercibido cando non se estea a utilizar.
Este novo televisor tamén tira proveito do último sistema de cableado de Samsung, que permite agochar os cables da vista. Ese novo produto xa non será un concepto, senón que venderase a partires de primavera, aínda que polo momento non se coñecen nin o prezo nin a tecnoloxía de pantalla que empregará The Frame.

PUBLICIDADE