Samurai Shodown: Edge of Destiny contará con 11 loitadores novos

xoves, 25 de xuño do 2009 Marcus Fernández

Aínda que grandes xogos de loita en 2D cheguen á Xbox 360 coma remakes puros (coma Garou: Mark of the Wolves) a saga de Samurai Shodown busca chegar máis aló, e aposta pola terceira dimensión no título que está en preparación e que chegará no outono.
Samurai Shodown: Edge of Destiny será a primeira entrega da saga renovada para a nova xeración de consolas, e recupera aos vellos loitadores á vez que incorpora 11 caras novas, coma podemos ver no vídeo de presentación do xogo no que tamén podemos facernos unha idea de cómo será este título, que aínda que non está á altura doutros xogos de loita en 3D como as últimas entregas de Tekken ou Soul Calibur, non hai que esquecer que estamos ante un xogo que se venderá coma descarga.
A saga de Samurai Shodown leva dando guerra nas recreativas dende 1993, e xa en 1997 fixera a súa primeira incursión nas 3D, aínda que son as súas versións 2D as que acadaron máis recoñecemento, polo que deste novo título non se agarda nada rechamante.

Vídeo de presentación no que podemos ver os loitadores do xogo

PUBLICIDADE