SanDisk almacena 128 GB no tamaño dunha moeda

luns, 1 de xuño do 2015 Marcus Fernández

SanDisk actualizou hoxe o seu catálogo de unidades de memoria USB 3.0, presentando a SanDisk Ultra Fit de 128 GB, que sería a unidade de almacenamento USB 3.0 máis cativa do mercado, xa que nunhas dimensións de 19,1 x 15,9 x 8,8 milímetros é capaz de almacenar até 16 horas de vídeo Full HD.
Estas pequenas unidades de memoria resulta cómodas de transportar, aínda que para o que resultan máis cómodas é para empregar en portátiles, tabletas, reprodutores musicais de automóbiles... evitando o impacto exterior que supón unha unidade USB ordinaria, de xeito que en moitos casos a unidade de almacenamento pasaría desapercibido.
Estas unidades non só son realmente cativas, senón que tamén poden presumir dunha velocidade de até 130 MB/segundo, ou sexa, que iría até 10 veces máis rápido que unha unidade USB 2.0, de xeito que permitiría copia unha película enteira en Full HD en só 40 segundos.
O prezo destas unidades de memoria na súa capacidade máxima (128 GB) é de 119,99 dólares.

As unidades SanDisk Ultra Fit teñen un tamaño semellante ao dunha moeda


Vídeo promocional das unidades SanDisk Ultra Fit (cando o seu tamaño máximo era de 64 GB)

PUBLICIDADE