SanDisk estrea o seu propio reprodutor multimedia en forma de pinza

luns, 27 de agosto do 2007 Marcus Fernández

O éxito do iPod shuffle levou a Creative a lanzar o seu Zen Stone, e SanDisk non quere permanecer impasible ante a proliferación de reprodutores multimedia de tamaño reducido, polo que presentan o seu Sansa Clip, un reprodutor de MP3 e WMA que inclúe radio FM e gravador de voz que co tamaño dunha caixa de mistos inclúe unha pantalla OLED de 3 liñas e unha batería recargable que lle permite unha autonomía de ata 15 horas.
O Sansa Clip venderase en capacidades de 1 e 2 Gb a 40 e 60 dólares respectivamente, estando dispoñible nos EE.UU. dende finais de setembro en cores negra, vermella, rosa e azul.

PUBLICIDADE