SanDisk presenta novas tarxetas e unidades de memoria
luns, 22 de febreiro do 2016
Os dispositivos de almacenamento de datos tamén fan acto de
presenza en Barcelona durante estas datas, e SanDisk aproveitou o MWC para dar
a coñecer os seus novos produtos estrela, como as novas tarxetas
SanDisk Extreme PRO microSDHC USH-II que estarán dispoñibles en capacidades
de 64 e 128 GB, e que presumen de velocidades de transferencia de até 275
Mbytes/seg. de xeito que case multiplicarían por 3 as velocidades actuais,
converténdose en unidades moi atractivas para poder rexistrar vídeo en ultra
alta definición en cámaras de acción, drones e smartphones. Distribúese cun
lector USB 3.0 para poder copiar os seus contidos ao ordenador a grande
velocidade.
Chegarán ao mercado no segundo trimestre do ano a prezos que nos EE.UU. serán
de 179,99 e 299,99 dólares para as súas capacidades de 64 e 128 GB.
Tamén unidades USB-C
Por outra banda temos outro produto cada vez máis demandado, a unidade de
memoria SanDisk Ultra USB Type-C, ou sexa, unha memoria USB 3.1 para equipos
que xa abrazasen os conectores tipo C, e que terá unha capacidade de até 128 GB
cunha velocidade de até 150 MB/seg.
Para atender as distintas capacidades de almacenamento, estas unidades chegas
xa ás tendas en tamaños de 16, 32, 64 e 128 GB a prezos de 19,99 , 29,99, 49,99
e 79,99 dólares respectivamente.