Seagate presenta unha unidade externa SSD para Xbox One
luns, 31 de outubro do 2016
As
consolas de nova xeración permiten ampliar a súa capacidade de almacenamento
interno mediante unidades de disco externas, o que pode aproveitarse para poder
gozar de cargas máis áxiles, ou iso é o que pretende a nova unidade de Seagate
coñecida como Game
Drive para Xbox SSD, que consiste nunha unidade de memoria sólida de 512 GB
que chega a velocidades de até 440 MB/segundo, de xeito que reduce
considerablemente a espera para comezar as partidas ou saltar entre fase e fase
nos grandes xogos de Xbox One.
Esta unidade debería contar con espazo dabondo para uns 15 xogos, podendo empregarse
tamén para contido descargable, ten un grosor de só 9,6 milímetros (resultando
moi transportable) e pode empregarse coa Xbox One con só conectarse á consola
mediante USB (sen precisar de alimentación adicional).
Seagate xa ten no mercado unidades externas deseñadas pensando na Xbox One con
capacidades de 2 e 4 TB, pero con tecnoloxía de disco duro tradicional, de
xeito que permiten gardar moitos xogos no seu interior, pero presentan tempos
de carga bastante elevados (a súa velocidade máxima sería de 140 MB/segundo),
de aí que moitos usuarios podería optar por facerse cunha unidade SSD externa
para así acelerar a súa consola á vez que se amplía a súa capacidade de
almacenamento.
Esta nova unidade ten
previsto chegar a mediados de novembro aos EE.UU. a un prezo de 199,99 dólares,
mentres que en Europa habería que agardar ao vindeiro día 25, cando sairía á venda
a un prezo de 259,99 euros, que pode parecer moi elevado, pero todo dependerá á
importancia que deamos á velocidade de carga dos nosos xogos.
- Até 15 xogos de tamaño medio poderían chegar a almacenarse nesta unidade externa