Seagate presenta o primeiro disco duro de escritorio que se alimenta por USB-C

mércores, 30 de marzo do 2016 Marcus Fernández

Cando adquirimos un disco duro normalmente temos que elixir entre facernos cunha lixeira e pequena unidade que se alimente directamente do porto USB ou dun pesado e aparatoso bloque que precise dun adaptador de corrente adicional para funcionar, pero Seagate conseguiu situarse nun punto intermedio, e presentou o primeiro disco duro de escritorio que se alimenta por USB, o Seagate Innov8, que ten unha capacidade de 8 TB e conéctase co equipo informático a través de USB 3.1, tecnoloxía que, aparte da comodidade do seu porto reversible, tamén permite achegar corrente eléctrica dabondo para non precisar dun adaptador de corrente adicional.
O Innov8 está encerrado nunha carcasa de aluminio que o protexe e permite a súa colocación en vertical ou horizontal. Sairá á venda no mes de abril a un prezo de 349 dólares a través da tenda en liña de Seagate, Amazon e outras canles de distribución habituais.

O disco duro Seagate Innov8 pode alimentarse directamente a través dun porto USB 3.1

PUBLICIDADE