Seagate venderá discos duros de 8 Tb por só 260 dólares
venres, 12 de decembro do 2014
O paso verán Seagate anunciou os
primeiros discos duros de 8 Tb do mundo en tamaño de 3,5 polgadas, e agora que
conseguiron tal capacidade de almacenamento o que faltaba era achegala ao
público a prezos asumibles, o que parecen estar a conseguir coa familia
de unidades de disco Archive HDD, que ofrecen capacidades de entre 5 e 8
Tb, buscando reducir o espazo ocupado por altos volumes de datos, conseguir un
menor consumo enerxético por terabyte, conseguir unha recuperación de datos
fiable baseada na tecnoloxía de gravación magnética de superposición (SMR),
contando con tecnoloxía PowerChoice para unha maior eficiencia enerxética e
incluso coa opción de gozar de autocifrado (SED) para conseguir un almacenamento
de datos seguro.
Aínda non sabemos os prezos en España destas unidades, pero se atendemos ao
prezo que teñen nos EE.UU. estamos ante uns produtos altamente competitivos, xa
que as
unidades de 8 Gb de fabricantes como HGST están á venda por uns mil euros e
o prezo destes novos discos duros de Seagate será de só 260 dólares (209,86 euros) no mes de
xaneiro.
Os discos Seagate Archive HDD de 8 Tb teñen un tamaño de 3,5”, interface SATA 6
Gb/s, 128 Mb de caché, velocidade de lectura/escritura media de 150 Mbyts/seg.,
velocidade máxima de lectura sostida de 190 Mbytes/seg. e venderase cunha
garantía de 3 anos.