Secret Service permitiranos protexer ao presidente dos EE.UU.

mércores, 5 de novembro do 2008 Marcus Fernández

JPEG - 450.6 KB

Nun momento no que a presidencia dos EE.UU. está en plena actualidade, chega ás tendas norteamericanas o xogo Secret Service que se desenvolve no primeiro día do mandato do presidente americano, no que se produce un ataque terrorista contra Washington e a seguridade está comprometida, pasando o usuario a tomar o control dun axente segredo de elite encargado de protexer a vida do presidente por distintos escenarios que non esquecen os emblemáticos Marine One e Air Force One.
Este xogo de acción en primeira persoa sairá á venda en Europa a primeiros de 2009 para Xbox 360, PlayStation 2 e PC e será distribuído por Activision, compañía que concreta que esta produción non conta coa aprobación, o patrocinio, nin a autorización dos servizos segredos dos EE.UU.


Primeiro trailer do xogo

PUBLICIDADE