Sennheiser lanza os seus primeiros auriculares Bluetooth totalmente libres de cables

xoves, 30 de agosto do 2018 Marcus Fernández

A familia de auriculares Momentum de de Sennheiser incorpora un novo membro co gallo da feira IFA de Berlín, os Momentum True Wireless, que son os primeiros auriculares do fabricante que eliminan por completo os cables á vez que manteñen as excelencia propia do seu fabricante, xa que aparte dun drivers dinámicos de 7 milímetros, os auricualres integran a última tecnoloxía Bluetooth, soporte para o codec AAC e compatibilidade con aptX, de xeito que consegue son de grande calidade e mínima latencia.
Os Momentum True Wireless tamén son compatibles con Siri e o asistente de Google, de xeito que cun simple toque podemos invocar ao asistente virtual que teñamos no smartphones vinculado aos auriculares, para así poder manexalo mediante ordes de voz. Tamén integran un par de micrófonos para conseguir optimizar a recepción de voz tanto para falar co asistente como para realizar chamadas telefónicas nas que á voz se reciba correctamente.
Estes auriculares, resistentes á suor e a salpicaduras (IPX4), poden xestionarse a través dunha aplicación para o móbil, facilitando así que o usuario personalice o son conforme ás súas preferencias. A súa autonomía é de até 4 horas, podendo recargarse con só introducilos na súa caixa de transporte, que tamén integra batería, de xeito que en conxunto sumarían máis de 12 horas de autonomía. Tamén inclúen adaptadores de silicona para os ouvidos de 3 talles diferentes.
Chegarán ao mercado a medidos de novembro e o seu prezo de venda ao público será de 299 euros.

JPEG - 79.7 KB
Os auriculares inclúen varios adaptadores de silicona para poder axustarse comodamente ao ouvido

PUBLICIDADE