Sennheiser presenta uns auriculares sen fíos que buscan a excelencia sonora e a comodidade

martes, 9 de agosto do 2022 Marcus Fernández

Para os consumidores que buscan auriculares sen fíos con grande calidade sonora e uso confortable chegan os novos Sennheiser Momentum 4 Wireless, que non só presumen dunha excelente tecnoloxía de cancelación de ruído, senón que tamén destacan por unha autonomía de até 60 horas.
Os auriculares contan cun transdutor de 42 milímetros que achega un son de grande calidade; a súa tecnoloxía de cancelación de ruído activa consegue illar ao usuario dos ruídos do contorno, aínda que tamén conta cun modo transparencia para cando é preciso escoitar a alguén nun momento dado; a aplicación móbil Sennheiser Smart Control permite personalizar a experiencia sonora axustando a ecualización; e tamén promete un bo desempeño en chamadas telefónicas, para o que conta cunha matriz de micrófonos de 2x2 capaz de illar a voz do usuario e tecnoloxía de supresión do ruído do vento.
Para resultar cómodo o seu uso, os Momentum 4 Wireless son lixeiros e contan cun bo acolchado na diadema e nos auriculares. O seu deseño tamén permite levar comodamente os auriculares ao redor do pescozo cando non está en uso (resultando tamén doados de transportar nunha bolsa ou mochila).
Estes auriculares chegarán ás tendas o 23 de agosto a un prezo recomendado de 349,90 euros.

Vídeo promocional dos novos auriculares de Sennheiser

PUBLICIDADE