Sense, a resposta de Differo ó iPod Touch
venres, 30 de novembro do 2007
Cunha pantalla táctil de 2,8 polgadas cunha
resolución de 320 x 240 píxeles, soporte de ficheiros MP3, WMA, WAV, MPEG-4
(AVI), JPEG, GIF e BMP, micrófono incorporado, radio FM con 20 memorias, función
e-book, lector de tarxetas miniSD, altofalante interno, opcións de ecualización
personalizables, apagado automático, xogos e conectividade USB 2.0 e 2 ou 4 Gb
de capacidade interna de almacenamento (segundo o modelo) a marca Differo System quere facer fronte ó
iPod Touch en canto á súa estética.
Este novo reprodutor supera ó de Apple en prestacións como a radio ou o expansión
de memoria mediante tarxetas miniSD, pero inclúe unha pantalla bastante peor
(menor resolución e con capacidade táctil sinxela), non ten Wi-Fi e, por
suposto, carece do espectacular sistema operativo do iPod Touch que permite
ampliar as súas prestacións constantemente (é a mesma plataforma do iPhone). En
capacidade o iPod Touch tamén é moi superior, pois se vende en versión de 8 e
16 Gb, pero o reprodutor de Differo servirá a tódolos que se conformen cunha imitación
e que só queiran reproducir multimedia e non vaian facer uso das funcións
avanzadas do reprodutor de pantalla multi-táctil de Apple.