Servidor de ficheiros de ata 8 Tb

xoves, 5 de marzo do 2009 Marcus Fernández

Ante as necesidades crecentes do almacenamento en rede, pensando especialmente para contornos corporativos e PEME, Western Digital anuncio o seu servidor de ficheiros ShareSpace, que conta con 4 baías para discos duros de 3,5 polgadas o que lle permite sumar ata 8 Tb de capacidade, sendo compatible con configuracións RAID 0/1/5 segundo o nivel de seguridade que se desexe.
Este servidor de ficheiros tamén conta con 2 portos USB (un dianteiro e outro traseiro) para conectar novos discos duros e poder así ampliar a súa capacidade. Conéctase á rede local por unha toma Gigabit Ethernet e inclúe servidor iTunes, acceso mediante web e FTP.
A versión con 8 Tb de capacidade de disco venderase por uns 1.699 dólares.

PUBLICIDADE