Shadow Warriors 2 chegará a PC, PS3 e Xbox One o 19 de maio

venres, 12 de maio do 2017 Marcus Fernández

No ano 2014 Bandai Namco e Devolver Digital comercializaron para PS4 e Xbox One un remake do xogo de 1997 Shadow Warrior, modernizando as súas mecánicas de combate e actualizando considerablemente o seu apartado visual, e agora anuncian que o xogo Shadow Warrior 2 tamén terá versión para consolas de nova xeración e PC o vindeiro 19 de maio, cando lanzarase The Shadow Warrior Collection¸ lote que inclúe a descarga de balde de Shadow Warrior.
A secuela do remake de Shadow Warrior chega así para celebrar o 20º aniversario da franquía que formaba parta da primeira remesa de grandes shooters en primeira persoa para PC nos que hai que eliminar grandes hordas de inimigos.
Shadow Warrior 2 contará cunha boa campaña non lineal (ou sexa, que aínda que as misións claves haberá que seguilas nunha orde específica, paralelamente teremos misións secundarias para xuntar armas e obxectos para subir de nivel. Tamén será posible xogar en modo cooperativo de até 4 persoas á vez.

PUBLICIDADE