Shadowgun, un impresionante shooter para iOS

luns, 26 de setembro do 2011 Marcus Fernández

Este mércores a App Store vai recibir o xogo Shadowgun, o que algúns xa consideran como o Gears of War para iOS, por ser un xogo de acción en terceira persoa cuns gráficos próximos aos que estamos afeitos en consolas de videoxogos domésticas, pero que veremos nos dispositivos móbiles de Apple.
O xogo ponnos no papel de John Slade, un caza recompensas que ten como misión atrapar ao Dr. Edgar Simon, un xenio maníaco que lidera un exército de mutantes, para o que haberá que infiltrase nunha fortaleza na montaña e loitar contra unha garda persoal de cyborgs, droides de combate e humanoides mellorados xeneticamente.
Shadowgun estará dispoñible tanto para o iPhone como para iPad, e dende Madfinger Games tamén adiantan que vai estar dispoñible para dispositivos móbiles con Android que conten con procesadores nVIDIA Tegra, pois precisa de bastante potencia para que un dispositivo móbil poida facer correr este impresionante xogo que contribúe a subir o listón nos xogos móbiles.


Trailer do novo xogo de Madfinger Games

PUBLICIDADE