Sharp estrea móbiles con pantalla 3D sen lentes

venres, 5 de novembro do 2010 Marcus Fernández

SoftBank vai ser a compañía que poña no mercado os 2 primeiros móbiles de Sharp con pantalla 3D autoestereoscópica que funcionan co sistema operativo Android 2.2 personalizado coa interface TapFlow UI. Os terminais en concreto son os Galapagos 003SH e Galapagos 005SH, destacando o segundo por contar cun teclado QWERTY deslizante.
O Galapagos 003SH ten unha pantalla de 3,8 polgadas cunha resolución de 800 x 480 píxeles, procesador Snapdragon a 1 GHz, cámara de 9,6 Mpíxeles con gravación de vídeo a 720p, Wi-Fi, Bluetooth, fenda para tarxetas microSDHC de ata 32 Gb, sintonizador de televisión dixital, unhas medidas de 121 x 62 x 12 milímetros e un peso de 139 gramos, mentres que o Galapagos 005SH difire ao incorporar un teclado QWERTY cunha cruceta de 4 direccións e cámara de 8 Mpíxeles.
Este móbiles incluirían varios xogos 3D precargados coma Mega Man, Resident Evil e Ghosts ‘n Goblins, chegando o 003SH ás tendas niponas en decembro e agardando o 005SH a febreiro para pórse á venda.


Vídeo no que repasan as prestacións dos novos móbiles de Sharp comercializados por SoftBank no Xapón

O Galapagos 005SH destaca polo seu teclado deslizante

PUBLICIDADE