Sharp presenta pantallas LCD de só 2 cm de grosor

venres, 24 de agosto do 2007 Marcus Fernández

O televisor de 52 polgadas de Sharp presenta un contraste moi superior ó das pantallas actuais

Sharp presentou o prototipo dunha nova xeración de televisores de cristal líquido de entre 46 e 57 polgadas que non destacan polo seu grande tamaño, senón polo seu reducido grosor, xa que é de só 2 centímetros.
O modelo de 52 polgadas presentado tiña un contraste de 100.000:1, pesa 25 quilogramos e ten un consumo menor que as pantallas LCD e plasma actuais, aínda que non veremos estes revolucionarios televisores no mercado ata 2010.

A pantalla destaca polo seu reducido grosor

PUBLICIDADE