Sharp presenta televisores LED, delgados, lixeiros e sen fíos

luns, 29 de agosto do 2011 Marcus Fernández

A compañía nipona Sharp parece querer innovar na electrónica de consumo coa súa familia de televisores AQUOS F5, que presentouse nun evento moi semellante a un desfile de moda, xa que o lixeiro e delgado das súas pantallas facilitou que varios modelos puideran levalos debaixo do brazo na súa posta de longo.
Estes novos televisores chegan en distintos estilos (coidando especialmente a súa estética), en tamaños que van dende 20 a 60 polgadas, destacando o Sharp AQUOS F5 de 60 polgadas por pesar só 21 gramos e ter un grosor de 37,2 milímetros. Os modelos de 40 e 60 polgadas chegan con paneis LED Full HD, mentres que os de 20 e 32 polgadas só teñen unha resolución de 1.366 x 768 píxeles.
Para que a súa estética sexa aínda máis impecable, estes televisores contan con tecnoloxía sen fíos, de xeito que poden acceder a servizos en liña a través de Wi-Fi así como conectarse a dispositivos como reprodutores de Blu-ray (ou outras fontes audiovisuais) mediante un sistema de comunicacións na banda dos 5 GHz que evita encher de cables o salón (incluso a antena de televisión debe conectarse ao emisor sen fíos que inclúen os televisores).
Os Sharp AQUOS F5 de 32 e 40 polgadas poranse á venda no Xapón a primeiros de setembro, mentres que polos modelos de 20 e 60 polgadas haberá que agardar a finais de outubro. O rango de prezos desta familia de televisores será de entre 80.000 e 380.000 iens (716,80 e 3.404,80 euros).


Sharp presentou os seus novos televisores nunha especie de pasarela de moda

PUBLICIDADE