Sharp presenta un módulo de cámara 3D para dispositivos móbiles
mércores, 12 de maio do 2010
Parece claro que 2010 é o ano das 3D, pero a súa implantación no ámbito
doméstico aÃnda é unha incógnita, o que non impide que moitos fabricantes tomen
posicións, e asà Sharp, compañÃa con grande confianza nesta tecnoloxÃa,
presentou o que segundo eles serÃa o primeiro módulo de
cámara 3D para integrar en dispositivos móbiles, de xeito que poderÃan
utilizalo teléfonos móbiles e consolas de videoxogos portátiles.
O módulo facilitará a toma tanto de imaxes coma de vÃdeo (a 720p) en 3D, e en
xullo comezarán a remitir unidades para a súa análise por parte de fabricantes
que poidan estar interesados en integrar esta tecnoloxÃa, de xeito que esperan
ser capaces de iniciar a produción en masa do trebello durante este mesmo ano.