Sharp vai pór á venda un televisor 8K de 85 polgadas
mércores, 16 de setembro do 2015
AÃnda que os televisores de ultra alta definición aÃnda non
callaron no mercado e padecen unha grande carencia de contidos que amosar, os
fabricantes non cesan de incrementar a resolución dos seus paneis, e Sharp xa
prepara a comercialización do seu televisor
LV-85001, que cunha resolución de 7.680 x 4.320 pÃxeles serÃa o primeiro
televisor 8K do mercado, aÃnda que dado que a súa diagonal é de 85 polgadas non
estamos ante ningún logro excepcional no que a densidade de pÃxeles se refire
(xa que terÃa uns modestos 104 puntos por polgada).
Este enorme televisor poderÃa amosar na súa pantalla o equivalente a 16
pantallas Full HD e, de feito, para poder amosar
unha imaxe de 8K nesta pantalla serÃa preciso empregar 4 portos HDMI á vez,
xa que o HDMI non ten largo de banda suficiente para mover tal caudal de
información. En visto de tal configuración queda claro que non estamos ante un
dispositivo pensado no uso doméstico, senón que servirÃa para solucións de
imaxe profesionais, para presentacións ou lugares públicos, o que tamén
explicarÃa o seu prezo de 16 millóns de iens (118.337 euros).
Pódese constatar asà que o 8K non é unha tecnoloxÃa da que vaiamos gozar a
medio prazo nos nosos fogares e, de feito, incluso continúan a existir moitos
atrancos para o 4K, que xa ten a resolución propia do cine, polo que achegar
contidos nunha resolución superior serÃa demasiado complicado.
O novo televisor de Sharp conta cun panel IGZO cun brillo de 1.000 cd/m2,
unha relación de contraste de 100.000:1 e un ángulo de visión de 176 graos,
prestacións que facilitan o seu aproveitamento como pantalla de alto contraste
e con grande potencial como monitor de aplicacións de deseño asistindo por
ordenador.
Este voluminoso televisor tamén ten un peso máis que considerable (uns 100
quilos) e un consumo enerxético de 1.440 watts, e espérase que chegue ao
mercado a finais do mes que vén.