Sthreeam proponse como unha solución para gravar en 3D co iPhone
martes, 7 de xuño do 2011
A plataforma de
financiamento de proxectos creativos Kickstarter sorprende un produto que parece
o suficientemente atractivo como para converterse en realidade cedo, como Sthreeam,
un complemento para o iPhone desenvolvido pola empresa pamplonesa Enginea que se conecta
da base do móbil de Apple e que engadirá unha cámara dixital secundaria (de 3
MpÃxeles para o iPhone 3GS e de 5 MpÃxeles para o iPhone 4) de xeito que
facilita a captura de imaxes e a gravación de vÃdeo en 3D dende o dispositivo.
O Sthreeam custará 64,95 dólares na súa versión 3.0 (a de iPhone 3GS) e 89,95
dólares na versión 5.0 (para iPhone 4), estando sempre adaptado o seu deseño
para ser acorde co modelo de iPhone ao que vai destinado, aÃnda que o produto
só verá a luz se consegue recadar 50.000 dólares a través de Kickstarter (coa vantaxe de que as achegas
poden converterse en auténticos descontos para o produto final, de xeito que
sairÃan por 50 e 70 dólares respectivamente de pagarse de xeito anticipado).
VÃdeo de presentación do proxecto de Sthream