Shure prepárase para entrar no mercado dos micrófonos de lapela sen fÃos
martes, 5 de marzo do 2024
Os micrófonos de lapela sen fÃos convertéronse en toda unha tendencia entre os creadores de vÃdeo ao permitir unha boa percepción da voz fronte a cámara sen grandes complicacións técnicas, e finalmente un dos grandes fabricantes de micrófonos a nivel mundial, Shure, dá o paso e estréase neste tipo de produto coa solución MoveMic, que chegará en dúas variantes: MoveMic One, cunha única canle de voz e cun prezo de 249 dólares, e MoveMic Two, con dúas canles de voz e un prezo de 349 dólares.
A grande diferenza entre estes micrófonos e os da meirande parte da competencia é que, se filmamos vÃdeo cun móbil, non será preciso que conectemos un receptor sen fÃos ao teléfono, xa que estes micrófonos ofrecen a posibilidade de comunicarse directamente co móbil empregando a aplicación MOTIV para Android ou para iOS.
Os que non queiran gravar dende a aplicación e prefiran un control máis tradicional ou, simplemente, empregar os micrófonos en cámaras, aplicacións de terceiros e ordenadores, tamén estará dispoñible o MoveMic Receiver a un prezo de 199 dólares.
Para facer máis doada a compra dunha solución completa poderase mercar un lote por 499 dólares que incluirá un receptor e un par de micrófonos. Estes micrófonos son bastante compactos (miden 46 x 22 milÃmetros e só pesan 8,2 gramos), contan con resistencia IPX4 (polo que poderÃa soportar a chuvia) e poderÃan operar a unha distancia de até 30 metros. A súa autonomÃa serÃa de até 8 horas, que poderÃan ampliarse a través dun estoxo de carga.
Entendemos que esta solución quere aproveitar a boa sona de Shure para ter éxito, pois a nivel de prezo parece non estar moi acorde ao mercado actual, liderado polo DJI Mic 2 (que no lote con estoxo, receptor e 2 micrófonos custa 349 euros) e o RØDE Wireless GO II (que actualmente pode mercarse por 289 euros cun receptor e 2 micrófonos, existindo tamén unha versión máis completa con estoxo e micrófonos de lapela adicionais por menos de 400 euros). Aparte tamén existen numerosas alternativas de fabricantes chineses, con prezos moi agresivos, polo que Shure terá complicado facerse un oco agás que demostre ofrecer unha calidade superior.