Shuttle venderá un mini-ordenador a 199 dólares
xoves, 10 de xaneiro do 2008
Os ordenadores de baixo custo non son só os
portátiles, e Shuttle anunciou no CES un mini-barebone baseado en Linux que se
venderá a só 199 dólares e que contará cun procesador Intel Celeron, chipset
945GC, 512 de memoria e 60 ou 80 Gb de disco duro.
Curiosamente o equipo non inclúe nin lector de
DVD nin fenda PCI Express. Como punto máis positivo, os KPC Linux PC se
venderá en cores vermella, azul, negra e branca.
Shuttle tamén venderá barebones a 99
dólares, que poderá actualizarse a procesadores Core2Duo e 1 Gb de memoria. Tanto
estes equipos coma os anteriores sairán á venda a finais do primeiro trimestre
do ano.