Siemens inclúe TDT nos seus navegadores GPS

venres, 2 de novembro do 2007 Marcus Fernández

Siemens VDO está a mellorar os seus sistemas de navegación por satélite converténdoos en reprodutores multimedia, e así os seus modelos PN 4000 e PN 6000 destacan por incluír de serie un receptor de TDT. Estes GPS de Siemens contan con pantallas panorámicas de 4,3 e 5,3 polgadas respectivamente e poden amosar na súa pantalla mapas gráficos en 2D e 3D, aceptan ordes de voz e amosan símbolos direccionais. Cun receptor TMC tamén pode servir para evitar os atascos de tráfico.
Aparte de recibir televisión, o PN 4000 e o PN 6000 poden reproducir MP3, JPG, xogos e vídeos en formato WMV, converténdose en todo un media center para o automóbil. O fabricante indica que as súas antenas de alta sensibilidade permite recibir o sinal televisivo a velocidades de ata 160 Km/hora, aínda que para cumprir coa lexislación vixente o sintonizador de TDT se bloqueará ó superar os 15 Km/hora (limitación que se podería desactivar, por exemplo, ó usar o dispositivo nos asentos traseiros).

PUBLICIDADE