Singstar Pop Hits 40 Principales convida a cantar éxitos musicais

venres, 25 de maio do 2007 Marcus Fernández

Sony quere continuar a sacar proveito do éxito dos xogos de karaoke para PS2 baixo a marca Singstar, que pronto chegará tamén á PS3, pois acaba de estrear en España a oitava entrega desta serie (que xa vendeu 900.000 unidades en España e superou os 6 millóns de unidades a nivel europeo) que conta co apoio da radiofórmula do Grupo PRISA.
O Singstar Pop Hits 40 Principales permite que ós xogadores armados cun micrófono USB poidan cantar unha nutrida listaxe de cancións mentres ven o seu correspondente vídeo musical e que se vende por 29,99 euros. Tamén se pode adquirir con 2 micrófonos por 59,99 euros e por 159,99 euros nun pack especial que tamén inclúe a consola PS2.
A listaxe de temas dispoñible no novo xogo é a que segue:

  • Alejandro Sanz - A la primera persona
  • Ana Torroja - Los amantes
  • Antonio Orozco - Devuélveme la vida
  • Carlos Baute – Te regalo
  • Chenoa - Rutinas
  • Coti - Antes de ver el sol
  • David Bisbal - Quién me iba a decir
  • David Bustamante – Devuélveme la vida
  • David de María - Despertaré cuando te vayas
  • Diego Martín con Raquel del rosario- Déjame verte
  • Edurne – Amores dormidos
  • Efecto Mariposa & Javier Ojeda – No me crees
  • El Arrebato – Duele
  • El Canto del loco – Volverá
  • El sueño de Morfeo – Nunca volverá
  • Fangoria – Criticar por criticar
  • Fito y Fitipaldis – Por la boca vive el pez
  • La Caja de Pandora – Acuérdate bien de mi cara
  • La Oreja de Van Gogh – Dulce locura
  • Malú – Toda
  • Melendi – Kisiera yo saber
  • Nena Daconte – En que estrella estará
  • Pereza – Como lo tienes tú
  • Pignoise – Te entiendo
  • Sr Trepador - La noche me resbala
  • Merche – Bombón
  • U2 – Beautiful day
  • Britney Spears - Baby one more time
  • Jennifer Lopez – Jenny from the block

PUBLICIDADE