Sintonizadora de televisión que retransmite pola Internet

venres, 9 de maio do 2008 Marcus Fernández

KWorld comercializa unha sintonizadora de televisión híbrida (analóxica e dixital) para o ordenador que nos permite reenviar o sinal televisivo (ou dunha fonte de vídeo externa) a través da Internet, así como acceder aos contidos multimedia (fotografías, audio e vídeo) que teñamos no ordenador dende calquera parte, nunha práctica combinación de hardware e software que transforma un ordenador en todo un servidor multimedia.
A sintonizadora KWorld IPTV Hybrid UB310 tamén permite programar gravacións no disco duro, facer timeshifting, gravar en tempo real en MPEG-4/2/1 e incluso conta con función Picture-in-Picture. Ten unha forma de cubo de 5,4 x 5,4 x 5,4 centímetros e se conecta ao ordenador mediante un porto USB 2.0. O seu prezo de venda é de 89 euros.

PUBLICIDADE