Skullgirls Encore chegará a PS4 e PS Vita este ano

venres, 11 de xullo do 2014 Marcus Fernández

En poucos meses o xogo independente de loita 2D Skullgirls conseguiu convertese en todo un referente do seu xénero, contando con versións para múltiples plataformas (PC, Xbox 360, PS3 e incluso arcade), confirmando como todo un acerto que Reverge Labs recuperase as mecánicas de xogos como Marvel vs. Capcom 2 nun título cuns deseños orixinais que puideron medrar en boa medida grazas a unha campaña de micromecenado.
Agora que xa temos un produto maduro, e decidirse reinventarse en Skullgirls Encore, decidiron atender a demanda de converter o título nun xogo que poida gozarse en mobilidade, o que será posible grazas a que contará con versión para PS Vita. De feito, dende Sony destacan que as súas plataformas serán as únicas que reciban este xogo durante o presente ano, ou sexa, que tamén contará con versión para PS4, e en ambas plataformas non só incluirá o xogo básico, senón tamén todos os seus personaxes descargables, escenarios e a historia, así como os modos multi-xogador e as completas galerías de arte. O xogo tamén será compatible con PlayStation TV, polo que até dous xogadores locais poderán enfrontarse empregando DualShock 3 ou 4.

Imaxe do modo historia de Eliza (un novo personaxe que está a incorporarse ao xogo)


Vídeo de demostración do personaxe Eliza

PUBLICIDADE