SkyShowtime poderá contratarse dentro de Prime Video
xoves, 27 de xuño do 2024
A plataforma de streaming de vÃdeo SkyShowtime anuncia hoxe que a partir do 1 de xullo estará presente na oferta de canles de Prime Video de España a un prezo de 7,99 euros/mes, cun desconto promocional do 50% os 3 primeiros meses (oferta que inclúen dentro do Prime Day que rematará o 17 de xullo).
Lembremos que SkyShowtime tamén está dispoñible de xeito independente en España a un prezo de 7,99 euros/mes no seu plan estándar e a 4,99 euros/mes con publicidade, polo que a contratación a través de Prime Video non supón unha grande vantaxe económica, senón que ten como principal beneficio a súa integración nunha aplicación coa que os usuarios xa están familiarizados e que está dispoñible para un amplo abano de dispositivos. De feito, Prime Video tamén permite a contratación doutras plataformas semellantes como Max, DAZN, FlixOlé ou Atresplayer, polo que podemos ter a impresión de que si existe un perfil de usuario que prefire unificar as distintas plataformas de streaming baixo o paraugas de Amazon.
Que SkyShowtime busque novos xeitos de aproximarse ao público non sorprende, pois dende o seu lanzamento o ano pasado a plataforma non conseguiu callar entre a audiencia pese a que chegou cunha promoción de desconto do 50% mentres se mantivese a subscrición. De feito, SkyShowtime está a recibir moitas crÃticas polo empeoramento do se catálogo de pelÃculas e series, que xa non ten moitos dos contidos que serviron de reclamo de lanzamento. Paralelamente, a empresa da que nace esta plataforma está negociando a súa venda nos EE.UU., frustrándose xa un par de intentos por parte de Sony Pictures e Skydance Media, en boa medida pola malÃsima cualificación que Paramount Global ten como investimento, xa que acumula preto de 14.600 millóns de dólares de débeda.