Skydio ofrece os seus drons a empresas e ao sector público
martes, 4 de maio do 2021
As medidas proteccionistas dos EE.UU. fronte aos xigante
chinés está a provocar que o negocio dos drons rexurda dentro das súas
fronteiras, xa que limitan a presenza do fabricante chinés DJI, do que están a
beneficiarse compañÃas como Skydio, actual lÃder en drons de consumo con
capacidades autónomas, que vén
de abrir os seus drons Skydio X2 con sensores térmicos a empresas e ao sector
público, á vez que tamén lanza Skydio Cloud, unha serie de servizos na nube
para tirar proveito do potencial dos drons a escala.
O dron Skydio X2 é un dron encartable para o seu transporte que integra tecnoloxÃa
para evitar obstáculos en 360 graos, capaz de voar 35 minutos cunha única baterÃa
e desprazarse até a distancias de 6 quilómetros (facendo uso de bandas
comerciais) ou 10 quilómetros (facendo uso de bandas restrinxidas a entidades
gobernamentais). Na
súa versión profesional inclúe un novo mando a distancia, adaptado ás
esixencias de entidades públicas e de defensa dos EE.UU.
O Skydio X2 está dispoñible en dúas versións: X2D para defensa e axencias
federais e X2E para empresas e axencias civÃs. En ambos casos poderá adquirise
nunha configuración cunha cámara de cor e térmica (ideal para tarefas de rescate)
ou cunha cámara ordinaria (pensando en operacións de inspeccións de
infraestruturas ou de pequenos mapeados).
Este impresionante dron chega ao mercado estadounidense a un prezo que parte dos
10.999 dólares.
VÃdeo de presentación do dron Skydio X2