SmartQ T10, un tablet chinés con pantalla de 9,7 polgadas

luns, 27 de xuño do 2011 Marcus Fernández

Aínda que o iPad é practicamente o único tablet do mercado que está a acadar certa relevancia, moitos fabricantes non se renden, como a compañía chinesa Smart Devices, que por uns 250 euros vende o seu SmartQ T10, un tablet con pantalla táctil IPS de 9,7 polgadas (cunha resolución de 1.024 x 768 píxeles), procesador ARM Cortex-A9 a 800 MHz apoiado por unha gráfica Mali-400 de xeito que é capaz de reproducir vídeo a 1.080p (soporta os formatos MKV, AVI, VOB, MPG, FLV e RMVB), 512 Mb de RAM, 8 Gb de memoria interna ampliable mediante tarxetas microSD de ata 32 Gb, Wi-Fi, Bluetooth 2.0, USB 2.0, batería de 7.500 mAh, unhas medidas de 255 x 192 x 14 milímetros e un peso de 770 gramos, que ao funcionar con Android 2.2 pode empregarse para navegar pola web, executar aplicacións móbiles e videoxogos ou funcionar coma lector de libros electrónicos. Un interesante dispositivo que, pese a non ser moi recomendable, deixa claro que é posible achegarse ao iPad en prestacións a un prezo atractivo (aínda que debería mellorar para poder competir).

PUBLICIDADE