Snap presenta unha cámara voadora persoal
luns, 2 de maio do 2022
Dende Snapchat continúan a avanzar no ámbito do hardware, e
tras as
súas Spectacles anuncian agora Pixy,
unha cámara voadora que busca
levar a maxia da Cámara de Snap a un novo nivel. A idea de Pixy é ter unha
compañeira de peto que voa libremente e se adapta ás aventuras grandes e pequenas,
de xeito que o usuario só ten que premer un botón para que Pixy voe en catro
vías de voo preestablecidas.
A cámara pode flotar, orbitar e seguir ao usuario, sen precisar dunha persoa
que a opere remotamente. Pixy grava vídeos dos voos e transfírense sen fíos aor
Recordos de Snapchat, dende onde poden empregarse as ferramentas de edición,
Lentes e Sons para personalizar as gravacións. Cuns poucos toques pode
recortarse automaticamente no retrato e aplicar versión intelixentes rápidas,
como Hyperspeed, Bounce, Orbit 3D e Jump Cut, para compartilos en Snapchat ou en
calquera outra plataforma.
Inicialmente Pixy sae á venda en EE.UU. e Francia a un prezo que parte dos
229,99 dólares (219 euros), aínda que os envíos das primeiras unidades poderían
tardar máis de 16 semanas en realizarse, polo que a súa compra parece bastante
arriscada, xa que habería que facela a cegas e co risco de recibir o
produto cando xa pasasen os mellores meses do verán (época na que este tipo de dispositivo
resulta especialmente atractivo).
Vídeo de presentación da cámara Pixy de Snap