Snoopy estrea tablet no Xapón

xoves, 25 de novembro do 2010 Marcus Fernández

Moitos son os tablets que están a chegar ao mercado para competir co iPad, pero resulta inevitable que, como acontece con outros produtos de electrónica de consumo, cheguen ás tendas versións decoradas con distintos deseños ou aproveitando o atractivo de marcas consolidadas, polo que non debería collernos por sorpresa que no Xapón anuncien a comercialización dun tablet de Onkyo cunha imaxe de Snoopy e Emilio serigrafada na súa parte traseira e que vén acompañado cun bolígrafo e unha funda coa mesma estética.
O dispositivo funciona cun procesador Intel Atom N450 a 1,66 GHz, 1 Gb de RAM, 160 Gb de disco duro, pantalla LED de 10,1 polgadas cunha resolución de 1.024 x 600 píxeles, webcam, Wi-Fi N, Bluetooth 2.1, lector de tarxetas SDHC, 2 portos USB 2.0, Ethernet, unhas medidas de 263 x 168 x 18,5 milímetros, un peso de 990 gramos, unha autonomía de 3,8 horas e un prezo de 79,800 iens (714,40 euros).
Aínda que o dispositivo pode reservarse dende hoxe, non será ata marzo de 2011 cando comecen a atender os pedidos deste dispositivo que curiosamente funciona co sistema operativo Windows 7.

PUBLICIDADE