Soccer Moves converte o fútbol nun quebracabezas para móbiles

mércores, 6 de novembro do 2013 Marcus Fernández

Sumar xéneros de éxito parece unha boa idea, e para demostralo Fuzzy Logic estrea o seu xogo Soccer Moves para iOS e para Android, un título que leva os quebracabezas ao fútbol, de xeito que poderemos participar en partidos do deporte rei repartindo un número limitado de movementos para conseguir marcar a porta. Deberemos empregar o noso enxeño para pasar, correr ou disparar á portería ata superar á defensa e facer gol.
Soccer Moves permítenos progresar de novato a profesional, mellorando a técnica e desbloqueando obxectos, de aí que esteamos ante un xogo que pode descargarse de balde que inclúe compras dentro da aplicación (que van dende 0,89 euros para desbloquear o modo carreira ata a compra de créditos dentro do xogo para facilitar a compra de melloras). O xogo permite superar 8 defensas inspirados en xogadores lendarios; permite dominar varias técnicas como picar o balón, driblar e tirar con efecto; conta con máis de 90 niveis exclusivo para superar; desenvolve a acción a través de 5 contornos únicos; permite desbloquear equipamentos (dende potencias futbolísticas ata zombis e heroes de acción); e incorpora recompensar por completar obxectivos en cada nivel.


Trailer do xogo

PUBLICIDADE