Solución para escoitar a música no ordenador por toda a casa

luns, 20 de xuño do 2011 Marcus Fernández

O Wiress Music Streamer WL-061 é un novo produto de Sitecom que está composto por un emisor USB que se comunica sen fíos a través da banda dos 2,4 GHz cun receptor que opera cunha batería AAA e que conta cun conector de audio de 3,5 milímetros para poder empregalo con altofalantes, de xeito que reproduce música almacenada no noso ordenador con calidade CD a unha distancia de ata 50 metros.
Esta solución é Plug and Play, resultando o seu uso moi doado e intuitivo, compatible con Windows 2000/XP/Vista/7 e Mac OS X 10.4 ou superior.

PUBLICIDADE