Sombras de Mordor devólvenos á Terra Media

martes, 10 de outubro do 2017 Marcus Fernández

Aínda que estaba previsto que La Tierra Media: Sombras de Mordor estrease secuela o pasado 25 de agosto, finalmente La Tierra Media: Sombras de Guerra non veu a luz até hoxe, cando chegou a PlayStation 4, PC e Xbox One, destacando esta última versión por estar dentro do programa XBOX Play Anywhere, ou sexa, que os xogadores que merquen o título en formato descargable para Xbox One tamén poderán xogalo en PC sen custo adicional.
Este xogo levaranos a forxar un exército, conquistar fortalezas e dominar Mordor dende dentro. Recupera o sistema Némesis para crear historias persoais únicas con cada inimigo e seguidor e permitiranos enfrontarnos ao poder de Sauron e os seus Espectros do Anel nunha nova historia na que poderemos optar por avanzar empregando o enxeño ou a forza bruta. As decisións que vaiamos tomando terán repercusións no transcurso do xogo, que consegue ser aínda máis completo e épico que a súa anterior entrega, polo que convértese en todo un imprescindible para os que gozaron do título publicado en 2014.

Vídeo no que podemos ver moitos detalles de La Tierra Media: Sombras de Mordor

PUBLICIDADE