Sombras de Mordor leva á Terra-Media aos xogadores de PC, PS4 e Xbox One

venres, 3 de outubro do 2014 Marcus Fernández

Inspirándose no universo de J.R.R. Tolkien chegou esta semana ás tendas La Tierra-Media: Sombras de Mordor, un videoxogo de rol en terceira persoa desenvolvido para Monolith Productions, que a primeiros de semana estreouse para PC, e que hoxe mesmo chegou a PlayStation 4 e Xbox One (as versións para Xbox 360 e PS3 están previstas para o 20 de novembro) conseguindo unha magnífica acollida, de xeito que a prensa especializada xa o considera como o tapado do ano, chegando a compararse coa serie Batman Arkham, aínda que levada a unha ambientación moi diferente.
No xogo adóptase o papel de Talion, un explorador que volve á vida grazas ao espírito da vinganza para destruír aos que asasinaron á súa familia, nunha aventura na que irá descubrindo os segredos do espírito que o impulsa, aprenderá sobre as orixes dos aneis de poder e enfrontarase a o seu derradeiro inimigo.
Esta historia está ambientada entre O Hobbit e O Señor dos Aneis, aínda que tomándose certas liberdades que non parecen ser moi respectuosas coa mitoloxía da Terra-Media, aínda que non debería de molestar aos amantes da obra de Tolkien que vexan o xogo como un divertimento que entre os seus elementos máis destacables ten o Sistema Némesis, que constrúe relacións cos inimigos, sendo as súas características moldeada polas accións e decisións que vaia tomando o xogador, de xeito que cada sesión de xogo será única.
Os elementos que se combinan en Sombras de Mordor parecen ser suficientes como para que a súa versión para PC conseguise unha puntuación de 87 sobre 100 en Metacritic, colocándose como o mellor xogo da segunda metade do ano.

O xogo lévanos a percorrer un camiño de vinganza a través da Terra-Media

PUBLICIDADE