Sonic 4 chegará en varias versións durante outubro
martes, 28 de setembro do 2010
A
popular mascota de SEGA xa
ten data para volver ás súas raÃces, de xeito que Sonic the Hedgehog 4: Episode 1, a recuperación desta saga en
formato descargable, chegará en primicia á App Store para terminais de Apple (a
un prezo por determinar) o vindeiro 7 de outubro, mentres que o 13 de outubro
chegará á PlayStation Network e ao Bazar de Xbox LIVE Arcade por 12,99 euros e
1.200 puntos (14,4 euros) respectivamente, quedando para o último posto a
versión para Wii, que poderá descargarse a partir do 15 de outubro por 1.500
Wii Points (15 euros).
Esta nova entrega devolve a Sonic a unha mecánica de xogo 2D aÃnda que cuns
gráficos cunha lixeira aparencia tridimensional, buscando en todo momento
satisfacer aos xogadores das primeiras entregas do ourizo azul, aÃnda que a
fórmula elixida para a súa comercialización (episodios descargables) é toda
unha incógnita, descoñecéndose as datas e os prezos que terán o resto de
episodios de Sonic 4, tÃtulo que
promete ser o Sonic bo despois de
numerosas desfeitas (coma un Sonic-lobishome en Sonic
Unleashed) que non deixaban quedar ao protagonista da saga en bo lugar.
O último trailer de Sony 4 amosa parts do xogo