Sonic 4 terá versión para iPhone

venres, 21 de maio do 2010 Marcus Fernández

O anuncio de SEGA de que estaba a desenvolver un xogo en capítulos descargables qe continuaría a saga de Sonic retomando o seu espírito 2D, e que estaría dispoñible no Bazar de Xbox LIVE, PlayStation Network e WiiWare, foi recibido con esperanza por moitos seareiros do ourizo azul, pero agora dende a compañía dan unha nova mala e unha boa. A mala sería que o xogo vai demorarse ata finais de ano (aínda que é para garantir que o título acade un certo nivel de calidade), mentres que a boa nova sería o anuncio de que Sonic the Hedgehog 4 Episode I tamén contará con versión para iPhone e iPod Touch e mesmo estrearon un trailer para dar a coñecer esta versión (aínda que seña só a través da colocación do logotipo da App Store) da que aínda non coñecemos a súa data de lanzamento:

PUBLICIDADE