Sonic terá un novo xogo de carreiras

venres, 29 de maio do 2009 Marcus Fernández

SEGA anunciou que para primeiros de 2010 lanzará para Xbox 360, PlayStation 3, Wii e Nintendo DS o xogo Sonic & SEGA All-Stars Racing, un xogo de carreiras no que competirán personaxes clásicos de SEGA coma Amigo, AiAi, Tails, DR. Eggman e o propio Sonic nunha s competicións de alta velocidade que terán lugar por castelos medievais, selvas exuberantes e cidades buliciosas. Os personaxes tamén contarán con orixinais vehículos (coma o plátano móbil de AiAi, motocicletas, avións e coches) e movementos especiais (o Super Sonic, o Banana Blitz e mesmo o Tails Tornado).
Sonic & SEGA All-Stars Racing funcionará para 1 ou varios xogadores, permitindo incluso o uso da pantalla partida ata para 4 xogadores.
En 2010 poderemos comprobar se estamos ante un bo título ou ante simplemente unha resposta de SEGA ao Super Mario Kart.


Trailer do novo xogo de carreiras de Sonic e os seus amigos

PUBLICIDADE